14 feb 2013


Se Olavo Leite Bastos "Kafunga" tivese que describir as evolucións de Evaldo, Bruno Gama ou Zé Castro nestes últimos meses diría simplemente "vapt-vupt", arroutada da súa invención que expresa o que está feito de calquer xeito. 
O Kafunga defendeu durante vinte anos a portería do Atlético Mineiro, sempre con bon humor, tanto que algúns loucos aseguran que chegou a facer unha parada "girando uma bicicleta"(?) nun partido contra Ponte Preta. Nese Belo Horizonte onde foi adoptado (naceu en Niterói) o seu enorme nariz segue a ser venerado polo amor que demostrou ás cores e pola súa contribución á linguaxe futbolística unha vez metido a comentarista de radio e televisión. Así

"Jonathan Vila é um cabeça-de-bagre" (xogador ruín, vacío)
"Ah! Valerón lesco-lesco!" (abrir o xogo, liberalo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario